martes, 25 de febrero de 2014

Entroido 2014



Xa está aquí! Xa chegou! Por fin poderemos vestirnos de choqueiros e facer falcatruadas polas rúas, comer lambetadas típicas deste tempo...
Para ir abrindo boca, mirade que vídeo tan chulo!

Gustouvos?

jueves, 20 de febrero de 2014

Concurso "deseña a túa camiseta"


Gústache a moda? Tes unha imaxinación desbordante? Pois este é o teu concurso!!
Ponte na pel dun famoso deseñador por un día e axúdanos a atopar un deseño rompedor e orixinal para a camiseta que os alumnos de 6º venderán este curso para recadar cartos para a súa excursión. Pode ser un debuxo divertido, unha frase enxeñosa.... 
As bases do concurso son as seguintes:
- Cada participante deberá presentar o seu debuxo na folla oficial do concurso, que poderedes recoller no edificio principal a partires de mañá.
- Poderedes deseñar só a parte dianteira da camiseta, a traseira ou ambalas dúas. 
- Aceptaranse debuxos ou frases graciosas e orixinais (nada de copiar, entendido?), pero sempre que sexan en galego.
- O prazo de presentación comeza mañá 21 de febreiro e rematará o venres 28 de febreiro. Deberedes deixar os vosos deseños no buzón que poñeremos no edificio principal.
- O gañador recibirá unha camiseta co seu deseño como agasallo.
Moita sorte e moito ánimo, lingoretas!

martes, 12 de noviembre de 2013

Marmelo de mazá

Unha marabillosa receita con froita de outono!
Ingredientes:
- 1 kg demazás.
- 500 gr de azucre.
- líquido espesante.
Preparación.
Lávanse as mazás e pelámolas; cortámolas en anacos non moi pequenos e cocémolas nunha pota durante 30-40 minutos xunto co azucre.De vez en cando remexede, lingoretas, ou apegarase.
Logo de cocelas, pásanse pola batidora para eliminar calquera grumiño que quedase, e que teñan unha textura máis fina. 
Por último, botámoslle o líquido espesante, batímolo todo e metémolo en botes previamente esterilizados. E xa temos marmelo para o almorzo. Mmmmm, que rico!

Esterilización dos botes:
Antes de comezar a facer o marmelo, é interesante esterilizar os botes para evitar contaminacións. Ferveremos os botes 10-15 minutos en auga, e despois escurrirémolos ben ata que sequen sen tocar o interior.
Os lingoretas das Chans dámoslle as gracias a Rosana e a súa familia por esta receita tan rica. De seguro que a imos disfrutar.

jueves, 7 de noviembre de 2013

Día do trompo





O trompo ou peón é un dos xogos mais populares do outono. E como di o refran...polo San Martiño trompos o camiño. Este luns 11 de Novembro o CEIP San Bartolomeu súmase a esta convocatoria e durante o recreo faremos bailar todos aqueles trompos dos alunos e profes que queiran participar.

Agora un pouquiño de historia:




 Deixamosvos tamén un video explicativo para que vaiades practicando esta fin de semana.
http://tv.uvigo.es/gl/video/mm/18476.html



Mirade que dominio!!!




Seredes capaces? O luns comprobámolo!!

martes, 22 de octubre de 2013

Corre, corre, cabaciña

E falando de outono e de cabazas, mirade que conto máis chulo atopamos na rede! Que bonito, verdade?