miércoles, 27 de febrero de 2013

O chiste da semana




Seguramente non entendedes o trasfondo do chiste. Nos pobos existía, (algúns din que aínda existe) a figura do cacique. Chamábase así á persoa que tiña cartos e poder sobre os seus conveciños. Moitas veces facíanlle favores á xente, pero sempre a cambio de algo. E podedes crerme, que os cobraban caros!

lunes, 25 de febrero de 2013

Festa da istoria

Si, si, istoria sen h. Pero so porque é o nome da festa, eh?
Esta festa rememora os oficios, tradicións e vivencias da época medieval nesa parroquia.
Agora mesmo hai un montón de festas medievais por Galicia adiante, pero esta é unha das primeiras que se celebrou. Este ano farán xa 25 anos que a celebran!!



E como non, un pequeno vídeo, que moito vos gustan.

miércoles, 20 de febrero de 2013

Castelao

De seguro que xa escoitáchedes falar deste famoso e polifacético escritor galego. Pero hoxe queriamos ensinarvos un anaquiño da súa faceta como debuxante.

Estes debuxos facían relación á realidade de Galiza naquel tempo no que vivíu Castelao.(O caciquismo, a miseria, a fame...) Aquí vai unha mostra:

Gustouvos? Pois para a semana outro!

martes, 19 de febrero de 2013

Romaría Viquinga

Como xa puidéchedes ver na Casiña de Don Cuco, esta romaría celébrase o primeiro domingo de agosto.
Festexamos o papel de Catoira na defensa de Galicia frente aos piratas chegados de Normandía, que viñan a saquear os pobos, deixando moitos mortos por onde pasaban.

Estas son as Torres do Oeste. Mandáronse construír no S. X, ou para entendernos, alá polo ano 1040. Pois sí que pasou tempo, non si? Servían como torres de vixía para poder divisar aos viquingos cando se achegaban á ría, e así poder dar a voz de alarma nos pobos veciños, e tamén para tentar defenderse.
Os viquingos subían polo río, atacando todos os pobos que atopasen no camiño. Tiñan fama de ser moi sanguinarios, e as xentiñas que daquela vivían por estes lares eran simples labregos, que non tiñan como defenderse deles.

Aquí podedes observar un típico barco viquingo. É moi plano pola base para así poder navegar polo río sen dificultades, e non quedar varado.
E para rematar, un pequeno vídeo sobre esta fantástica festa:

viernes, 8 de febrero de 2013

A RAPA DAS BESTAS

Como xa puidechedes ver na Casiña de Don Cuco, este ano a temática é festas populares de Galicia. Que vos parece se facemos un repaso tamén no blog? Por suposto, podedes enviar os vosos comentarios con información adicional sobre o tema.

A RAPA DAS BESTAS
Se cadra é unha das nosas festas máis populares fora de Galicia. Esta tradición ten mooooitos anos. Consiste en baixar do monte aos cabalos unha vez ó ano aos curros para rapalos, marcalos e desparasitalos.
File:Rapa das bestas sabucedo 5 jpereira.jpgFile:Rapa das bestas. Galiza.jpg

Esta festa celébrase en moitos puntos da nosa terra: Sabucedo, San Cibrán, Cedeira....
Os cabalos son de pura raza galega. Como podedes ver, son mais baixiños que outras razas, e un pouco máis peludos, pero e que no monte vaiche moito frío.


A rapa e a desparasitación é moi importante, porque así evítanse enfermidades. Tamén se aproveita para marcar cun ferro as reses pequenas, para saber a quen pertencen. Aquí vos deixamos este vídeo para que o disfrutedes. Quen sabe, o mellor este anos nos vemos alí.

BENVIDOS

Estreamos blog novo!! Benvidos todos a esta nova aventura. Esperamos que disfrutedes. Pero por suposto, en galego!!