martes, 22 de octubre de 2013

Corre, corre, cabaciña

E falando de outono e de cabazas, mirade que conto máis chulo atopamos na rede! Que bonito, verdade?



martes, 15 de octubre de 2013

Receitas de outono

Que ben que xa chegou o outono! Pero de seguro que con este tempiño de chuvia non sempre podemos sair xogar fora. Velaiquí unha idea para poñer en práctica e que de seguro que vai gustar a toda a familia. Fagamos de cociñeiros! Ollo, sempre coa supervisión dos papás, os tíos, os avós...
Chulas de cabaza
Ingredientes (para 8 persoas)
  • 250 gr de puré de cabaza
  • 2 ovos
  • 30 gr de azucre
  • Unha chisquiña de canela
  • 50 gr de fariña
  • 1/4 de culleriña de levadura Royal
  • Azucre glasé para espolvorear (se non temos, serve o azucre normal)
  • Aceite de xirasol para a fritura.
Preparación
Asamos ou cocemos a cabaza, como prefiramos, aínda que asada solta menos auga. Unha vez teñamos o puré de cabaza listo, misturámolo cos ovos batidos, o azucre e o chisco de canela. Engadimos a fariña e a levadura, remexendo con un garfo ata que non haxa grumiños. 
Tapamos con papel film e deixamos repousar durante media hora mais ou menos. Despois deste tempo, a masa de seguro estará un pouco máis espesa. Remexémola un pouco para asegurarnos de que non quedan grumos no fondo.
Poñemos unha tixola ao lume, e cando o aceite estea quente, botamos porcións da masa con axuda dunha culler. As chulas estarán listas cando a masa estea un pouco dourada, así que moito ollo, cociñeiros!
Por último, sacámolas da sartén e poñémolas nun prato a arrefriar.( Podemos poñer papel absorvente na base do prato para eliminar o exceso de aceite.) Cando estean templadas, espolvoreamos o azucre e a larpeirar!

viernes, 4 de octubre de 2013

Benvidos ao novo curso!

Xa estamos de volta! E que mellor forma de comezar, que co noso primeiro concurso literario: Contos de terror
Podedes ver as bases do concurso no taboleiro de Normalización, e de seguro que nas vosas clases tamén hai unha copia. Como esta actividade facémola en colaboración co Equipo de Biblioteca, os mellores relatos formarán parte dun libro moi especial, o primeiro feito polos alumnos do cole do xénero de terror. E lembrade o prazo: dende xa mesmo ata o día 25 deste mes.
E por suposto, tamén haberá premios para os mellores.
Sacade as vosas plumas, e a escribir!