Etiquetas

Castelao debuxos (3) Concursos (2) Estacións (1) Festas populares (8) Investigación (1) Letras Galegas (1) Música (2) Natureza (1) Receitas (3) Símbolos galegos (1) Xogos (4)
Mostrando entradas con la etiqueta Festas populares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festas populares. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de febrero de 2015

Que viva o Entroido!

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/ac/Peliqueiros_de_Laza_3.jpg http://www.sientegalicia.com/fotos/actividades/farinada%20laza.jpg
Peliqueiros, cigarróns, formigas e fariña!
Orellas, filloas e flores!
O Entroido en Galiza celébrase de moitas formas, pero todas elas teñen en común unha cultura ancestral que atrae cada ano a moitos turistas de diferentes países.
Lingoretas, como vivides vós o Entroido?
Contádenos de que vos disfrazades, que comidas típicas degustades...

lunes, 27 de octubre de 2014

E xa chega o Samaín!

 https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjCXFzj7FUj6qndYBIBFJZVFJY_upCApQq_mQBs9UD0MTfBPn5AhimgFsfpqwYQxNCtOAhp1hOkIza0rXKUrsxQODjymAlsAmv1xOt8bTNsWc17_PI7LnqGVZsd1wX_vGfa5EBUDgyVPF6V/s400/calabaza_yaloveo.jpg
 E ven cargadiño de actividades! Aquí tendes o calendario semanal con todas as cousiñas interesantes que se van facer para que non perdades ningunha:
Martes 28: remata o prazo de entrega dos contos para o concurso de relatos terroríficos. Animádevos, que aínda tendes tempo!
Mércores 29:traemos as cabazas da casa para a exposición na ludoteca.
Xoves 30: visita arrepiante e guiada pola ludoteca para admirar as cabazas e pasar un pouquiño de medo; entrega de diplomas participativos; entrega dos premios do concurso de relatos aos mellores contos.
Mans á obra monstruíños, que hai moito que facer!

lunes, 8 de abril de 2013

A festa da dorna

Para todos aqueles que non sepan o que é unha dorna, aquí vos deixamos un par de fotos:
Ficheiro:Castiñeiras dorna GFDL2004.jpg

É unha típica embarcación de pesca galega, e aínda que se descoñece a súa orixe, podería proceder das embarcacións viquingas ou dakkar (lembrade que xa falamos delas na festa viquinga de Catoira). Todas levan unha "matrícula", parecida ás dos coches. O primeiro número, se é un 7, indica que a dorna é para uso particular, non para traballar. As letras fan referencia á localidade á que pertencen, seguida doutros tantos números identificativos. A maioría das dornas levan nome de muller, xa que antigamente os mariñeiros pasaban moitos días lonxe da costa, e das súas mulleres.
A festa da dorna celébrase en Ribeira, e atrae a moita xente non solo de Galicia, senon tamén doutras comunidades autónomas e incluso doutros países. Anímovos a que este verán vos acheguedes ata Ribeira, e disfrutedes desta fantástica festa.


martes, 12 de marzo de 2013

Samhaín

É a festividade celta que máis famosa é hoxe en día. En EE.UU copiaron esta tradición, derivando no Halloween. Pero ollo!! Non é o mesmo. Para eles case é como o seu propio carnaval, mentres que para nós ten que ver co paso dos espíritos ao outro mundo, e para os celtas, a celebración do aninovo. Ilumínase o camiño dos mortos con cabazas, calacús... con candeas acesas dentro. Antigamente, tamén se deixaba comida nos camiños (principalmente froitos de outono) como ofrenda ás ánimas esquecidas ou perdidas.
Aquí tendes o calendario celta:

E aquí varios carteis dos sitios con máis tradición, e como non, un pequeno vídeo deses que tanto vos gustan. Os nosos parabéns aos que argallaron un vídeo tan orixinal! A ver quen aprende a canción!




lunes, 4 de marzo de 2013

Festa da Arribada

Este fin de semana celebrouse en Baiona a festa da Arribada, que conmemora a chegada dos irmáns Pinzón do Novo Mundo.
Os irmáns Pinzón foron con Colón a descubrir América, e á volta, unha das calaberas, comandada por Martín Sanchez Pinzón,  chegou a Baiona, e alí anunciou o gran descubrimento.
Por iso, tódolos anos se celebra esta feria medieval. Aquí vos deixamos algunhas fotiños. Celebrouse este fin de semana, así que aínda están fresquiñas!

lunes, 25 de febrero de 2013

Festa da istoria

Si, si, istoria sen h. Pero so porque é o nome da festa, eh?
Esta festa rememora os oficios, tradicións e vivencias da época medieval nesa parroquia.
Agora mesmo hai un montón de festas medievais por Galicia adiante, pero esta é unha das primeiras que se celebrou. Este ano farán xa 25 anos que a celebran!!



E como non, un pequeno vídeo, que moito vos gustan.

martes, 19 de febrero de 2013

Romaría Viquinga

Como xa puidéchedes ver na Casiña de Don Cuco, esta romaría celébrase o primeiro domingo de agosto.
Festexamos o papel de Catoira na defensa de Galicia frente aos piratas chegados de Normandía, que viñan a saquear os pobos, deixando moitos mortos por onde pasaban.

Estas son as Torres do Oeste. Mandáronse construír no S. X, ou para entendernos, alá polo ano 1040. Pois sí que pasou tempo, non si? Servían como torres de vixía para poder divisar aos viquingos cando se achegaban á ría, e así poder dar a voz de alarma nos pobos veciños, e tamén para tentar defenderse.
Os viquingos subían polo río, atacando todos os pobos que atopasen no camiño. Tiñan fama de ser moi sanguinarios, e as xentiñas que daquela vivían por estes lares eran simples labregos, que non tiñan como defenderse deles.

Aquí podedes observar un típico barco viquingo. É moi plano pola base para así poder navegar polo río sen dificultades, e non quedar varado.
E para rematar, un pequeno vídeo sobre esta fantástica festa:

viernes, 8 de febrero de 2013

A RAPA DAS BESTAS

Como xa puidechedes ver na Casiña de Don Cuco, este ano a temática é festas populares de Galicia. Que vos parece se facemos un repaso tamén no blog? Por suposto, podedes enviar os vosos comentarios con información adicional sobre o tema.

A RAPA DAS BESTAS
Se cadra é unha das nosas festas máis populares fora de Galicia. Esta tradición ten mooooitos anos. Consiste en baixar do monte aos cabalos unha vez ó ano aos curros para rapalos, marcalos e desparasitalos.
File:Rapa das bestas sabucedo 5 jpereira.jpgFile:Rapa das bestas. Galiza.jpg

Esta festa celébrase en moitos puntos da nosa terra: Sabucedo, San Cibrán, Cedeira....
Os cabalos son de pura raza galega. Como podedes ver, son mais baixiños que outras razas, e un pouco máis peludos, pero e que no monte vaiche moito frío.


A rapa e a desparasitación é moi importante, porque así evítanse enfermidades. Tamén se aproveita para marcar cun ferro as reses pequenas, para saber a quen pertencen. Aquí vos deixamos este vídeo para que o disfrutedes. Quen sabe, o mellor este anos nos vemos alí.