viernes, 14 de noviembre de 2014

Trompos, buxainas, pirindolas e demáis trebellos

Que ben o pasamos onte! Moitas grazas a todos pola vosa participación, lingoretas e familias. Aprendimos moitas cousas novas e de seguro que cando clausuremos a tempada de trompos seremos todos uns expertos na materia.
Os que aínda non tendes claro como bailar o trompo prestade atencion ao vídeo:
Cando o tempo o permita, comezaremos os campionatos de buxainas no campiño de terra que antes era o patio de infantil. Haberá que levarlle unha chea de ovos a Santa Clara para que non chova!

jueves, 6 de noviembre de 2014

Manda truco!

O prometido é débeda. Estabades desexosos, non si?
Mirade que cousas máis chulas se poden facer coas buxainas!



Menudo fenómeno está feito este rapaz. A practicar moito, lingoretas!

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Polo San Martiño, trompos ao camiño!

 https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg5S-npzZRY5XTnx4u_ZYGlfg-cqJqqlcvpYd5roT1mqDgwVdKnfimdACF9PH1vb68s26phLV3PPYsFOn7Rufa6dNxzAXJp0lX5_cOcKqAq9GX23mYFKQnTDpy8khidUBOhN3OIAhsq7h0/s1600/cartel-tromp.jpg
 Nenos e nenas, profes e conserxes,pais e nais, avós e avoas, cuicos e demáis bichería!
Estades todos invitados a inaugurar a tempada de trompos bailando as vosas buxainas, borrachas, peóns e bailaretes na hora do recreo.
Que non lle tendes aínda collido o truco?! Non pasa nada. Aínda temos moitos días para practicar, e en último caso haberá expertos no tema que nos ensinarán a bailalos con maestría e alegría.
Pero antes de correr hai que saber andar, como ben di o refrán. Empecemos logo coñecendo as partes do trompo:
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEigSbL4Biw-tEXycdIrpvbqyO8f1PAm9V2apkn612IdkQ-1Wit4XNyiXmuSyy-Wd4ei2ZqVsZi9auzne-nfdI2bj_zN3FiWbywqaIc0nA87brqK-f8qthaf8_l3nILKlUZeVOzT3w0wIa67/s1600/trompo3b.gif
E para os que xa saben bailar o seu peón, unha mensaxe:
estade antentos lingoretas, que colgaremos vídeos con trucos super alucinantes!

lunes, 27 de octubre de 2014

E xa chega o Samaín!

 https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjCXFzj7FUj6qndYBIBFJZVFJY_upCApQq_mQBs9UD0MTfBPn5AhimgFsfpqwYQxNCtOAhp1hOkIza0rXKUrsxQODjymAlsAmv1xOt8bTNsWc17_PI7LnqGVZsd1wX_vGfa5EBUDgyVPF6V/s400/calabaza_yaloveo.jpg
 E ven cargadiño de actividades! Aquí tendes o calendario semanal con todas as cousiñas interesantes que se van facer para que non perdades ningunha:
Martes 28: remata o prazo de entrega dos contos para o concurso de relatos terroríficos. Animádevos, que aínda tendes tempo!
Mércores 29:traemos as cabazas da casa para a exposición na ludoteca.
Xoves 30: visita arrepiante e guiada pola ludoteca para admirar as cabazas e pasar un pouquiño de medo; entrega de diplomas participativos; entrega dos premios do concurso de relatos aos mellores contos.
Mans á obra monstruíños, que hai moito que facer!

miércoles, 23 de abril de 2014

Letras Galegas 2014

http://www.diadasletrasgalegas.com/sites/diadasletrasgalegas.com/files/homenaxeados/jose_m_diaz_d_castro.jpg
O homenaxeado deste ano é Xosé María Díaz Castro, poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo).
En 1946 publicou "Nascida dun sono" e "Nimbos", a súa obra máis importante.
Este poema é un dos máis coñecidos. Esperamos que vos guste:

Penélope. X. M. Díaz Castro

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


Podedes contarnos que vos pareceu o poema. Lembrade que o noso blog aliméntase dos vosos comentarios.