Chulas de cabaza
Ingredientes (para 8 persoas)
- 250 gr de puré de cabaza
- 2 ovos
- 30 gr de azucre
- Unha chisquiña de canela
- 50 gr de fariña
- 1/4 de culleriña de levadura Royal
- Azucre glasé para espolvorear (se non temos, serve o azucre normal)
- Aceite de xirasol para a fritura.
Asamos ou cocemos a cabaza, como prefiramos, aínda que asada solta menos auga. Unha vez teñamos o puré de cabaza listo, misturámolo cos ovos batidos, o azucre e o chisco de canela. Engadimos a fariña e a levadura, remexendo con un garfo ata que non haxa grumiños.
Tapamos con papel film e deixamos repousar durante media hora mais ou menos. Despois deste tempo, a masa de seguro estará un pouco máis espesa. Remexémola un pouco para asegurarnos de que non quedan grumos no fondo.
Poñemos unha tixola ao lume, e cando o aceite estea quente, botamos porcións da masa con axuda dunha culler. As chulas estarán listas cando a masa estea un pouco dourada, así que moito ollo, cociñeiros!
Por último, sacámolas da sartén e poñémolas nun prato a arrefriar.( Podemos poñer papel absorvente na base do prato para eliminar o exceso de aceite.) Cando estean templadas, espolvoreamos o azucre e a larpeirar!
Mmmmm teñen unha pinta
ResponderEliminar